31 de octubre, solo un día más?
"No ano 1993, nun día como hoxe, 31 de outubro, na parróquia de Sillobre produciuse unha das maiores catástrofes da nosa humilde sociedade. Cando vemos asesinatos, desaparicións ou persecucións nas noticias vemos estas cousas moi lonxe de nós e as veces nin lle damos importáncia. Pero cando sucede ao lado da túa casa todo o mundo pasa medo e non pode deixar de pensar no tema durante un bó tempo.
Xa pasaron 25 anos e todo o mundo que tivo a mala sorte de vivir esta tráxica historia, segue a recordala coa mesma tristeza e pena coma se a vivera por primeira vez.
Quén iba a sospeitar que o home que entrenaba ao modesto equipo de fútbol da aldea de Sillobre podía converterse nun monstruo. Un equipo de fútbol que inda que non foran os mellores da liga reunían a todas as xentes da parroquía para disfrutar dun día de partido. Eran nenos moi queridos por toda a pequena aldea e a espantosa noticia da morte de varios deles partiu o corazón a todos os veciños. O seu entrenador era un home máis do pobo, con dúas fillas e unha muller que o quería e nunca sospeitou del. O que era simpremente unha charla con varios dos xogadores no fogar do entrenador converteuse nunha das escenas más macabras da historia galega e nacional. Só tiñan 12 e 13 anos e ningún deles sospeitou que o entrenador puidese ter unha mente tan enferma como para producir os feitos alí acontencidos, onde foron asesinados case todos, pero onde un deles desapareceu, Coñecese que 5 mozos acompañaron ao entrenador á súa casa aquel dia pero so se encontrou o corpo de 4 deles e o corpo do entrenador, tamén asesinado, todos xuntos nunha macabra escena onde só se pode intuir o que pasou polas fotografías policiais. Moito se buscou polo ultimo neno, pero por moito que se insistera, o neno nunca apareceu.
Do feito só quedou unha cousa clara, ese día 6 familias rompéronse. Hai xente que vive preto do abandonado campo de fútbol, que cree ver que as veces pasea por alí unha delgada figura, que a menudo "manifestase" no aniversario dos feitos.
Non sabemos onde pudo acabar o quinto neno, pero se algo sabemos con claridade, e que nunca o olvidaremos."
Ramón Loureiro, La Voz de Galicia, 2017.
Dios que susto me dio
ResponderEliminarLo mismo digo, joder...
EliminarY sólo lleva tilde, desgraciao!
ResponderEliminar